XORNADA MUNDIAL DOS POBRES

Co gallo da celebración da Xornada Mundial dos pobres a parroquia sumouse a iniciativa da Acción Católica Xeral de por un cubo a entrada do templo parroquial no que se facía unha chamada a non pasar indiferentes ante a situación de pobreza e vulnerabilidade de tantas persoas. O lema do Papa Francisco para esta xornada " Non apartes a túa mirada do pobre' móvenos a ser unha comunidade de mans abertas e con un compromiso samaritano.
Aproveitamos esta xornada para presentar os proxectos que dende Càritas parroquial se desenrolan na parroquia que son os seguintes:
PROXECTO DE ACOLLIDA ( mércores de 16.30 a 18 h)
PROXECTO DE DISTRIBUCIÓN DE ALIMENTOS ( unha vez ao mes)
PROXECTO 'LUARADA" ( roupeiro) : luns e mèrcores de 16.30 a 18 h.
PROXECTO " ALOUMIÑO" : taller de acompañamento de persoas maiores
PROXECTO "PARRULIÑO" : apoio escolar. Iste servizo empezará a funcionar no mes de xaneiro de 2024.

PROXECTO "ALOUMIÑO" dos maiores é os mércores de 16. 30 a 18 horas

Todos istes servizos que se prestan as persoas necesitadas realízanse grazas aos voluntarios e voluntarias que xenerosamente dan parte do seu tempo e do seu compromiso en pro dos demàis. Son rostro de evanxeo no medio da nosa comunidade.