CONTACONTOS PARA REMATAR A CATEQUESE

"Os nenos e nenas que asisten a catequese o luns a tarde tiveron unha gran sorpresa o último día de catequese..... ¡UN CONTACONTOS! ...... Carlos González foi desgranando unha fermosa historia infantil para os máis cativos baseado no libro "Un relato de la Pascua" de Anselm Grüm....

Unha historia que ía desglosando para acercar os atentos espectadores a figura de Xesús e o relato evaxélico da Pascua e da Resurrección de Cristo.

Unha tarde na que todos interactuaron pasando primeiro pola máquina do tempo para acercarse e descubrir o un universo único da man de Xesús .

Foi un momento especial e festivo na que tanto cativos coma catequistas disfrutaron niste derradeiro día de catequese.

¡ o ano que ven a seguir compartindo e descubrindo un pouquiño máis a mensaxe do amigo Xesús!!!!"

E FESTA TAMÉN....

Como o contacontos non podía acompañar os nen@s que asisten a catequese dos martes, os catequistas organizaron unha merenda suculenta e despois unha gran festa con baile e sorpresas...... pero non só para os pequenos, senon tamén os catequistas de 1º e 2º de Confirmación que veñen a catequese pola semana tiveron a sorpresa de compartir festa, baile, agasallos e merenda.

Xa sabedes que os nenos e nenas que asisten a catequese o domingo poideron disfrutar no último día de catequese da representación teatral "Descontando contos" que tan ben fixeron o grupo de teatro do Colexio Cisneros e que podedes ver noutro enlace da nosa web. ¡Gracias por tanta ledicia e felicidade compartida!!!!

¡Moitas grazas os catequistas por organizar todo tan ben!!!!