CAMPAMENTO SCOUTS AXOUXERE

Coñeces a Nabucodonosor, Ramsés, Tutankhamon, Cleopatra, Nefertiti,
Tutmosis ou Hatshepsut???

Cres que poderás con eles???

Pois vente
Do 4 ao 12 de xullo


A Lamas!!!!

 

 

 

Es un dos poucos privilexiados que podedes ir...

DATAS: do 4 ao 12 de xullo de 2009

POBOADO:
Lamas, Cea, Ourense.

PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o 28 de xuño.
Podedes deixala no buzón sen os cartos.
Se tedes problemas chamádenos a calquera responsable.
E o por só.... 80 €,
pero xa sabedes que con nós os cartos nunca poden ser problema.

 

 

Actividades previstas
Marcha volante
Noites durmindo fóra
Raid de supervivencia
Competicións
Baños nos ríos
Construcións
Obradoiros
Rastrexos

 

 

Cousas que levar

- Pañoleta (quen a teña)
- Lanterna
- Saco de durmir
- Esterilla
- Gorra ou gorro para o sol
- Útiles de aseo
- Toalla de ducha e de praia
- Protector solar
- Unha pouca roupa de abrigo
- Chuvasqueiro lixeiro ou similar
- Pantalóns curtos e longos
- Camisetas abondo
- Bañadores, calcetíns, roupa interior (mellor unha muda para cada día), ...
- Pixama ou algo que faga as veces
- Zapatillas de deporte
- Botas de andar (o que as teña)
- Sandalias de baño
- Poto (vaso), cubertos, prato fondo, cantimplora. Mellor metálicos
- Bolsas de plástico valeiras (para o que poida xurdir)
- Mochila pequena para as marchas.
- Pinzas da roupa

 

Recomendámosvos organizalo na mochila clasificado con bolsas de plástico, se pode ser de distintas cores. E non esquezades marcar todo o que se leve co nome do propietario para que non se perdan cousas.

 

Non está permitido levar

- Cousas a pilas que non permiten xogar todos (consolas, mp3 ... )
- Lambonadas e comida (agás a do primeiro día, claro está)
- Diñeiro de máis. Nós pagamos todo o necesario para as actividades (o autobús, aloxamento, tódalas comidas e as actividades extra que poidan xurdir).
- O móbil non vai ser preciso, teremos alí dous a disposición do campamento. Será o 697 667 121

 

 

Día das familias e regreso

O domingo 12 será o retorno da viaxe e o día das familias ó que, por suposto, estades todos e todas convidados. A idea é que os vosos fillos xa volvan convosco, é por isto que se non ides asistir, conviría que nos avisarades antes de ese día.

Contamos con vós ás 13’00 horas. Sería bo que non chegarades antes xa que estaremos desmontando o campamento e nos distraería e dificultaría o traballo.

Este ano queremos seguir contando coa vosa axuda para argallar o xantar, é por iso que algún outro pai ou nai vos chamará durante o campamento para organizarnos e facer un xantar entre todos. Deste xeito aforramos cartos todos e non nos veremos na obriga de tirar comida como seguro que vos pasou noutras ocasións.

Alí remataremos sobre as 17’00 horas. Polo que, se non podedes ir a visitarnos, será a hora á que comecen o viaxe de regreso a casa.


Non agardes máis e ............
................ APÚNTATE XA