
ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS DO COLEXIO SAN PIO X. OURENSE.
CAPITULO I. DA ASOCIACIÓN EN XERAL
ARTIGO 1º DENOMINACIÓN DA ASOCIACIÓN:
Asociación de nais e pais do Colexio San Pío X de Ourense.
ARTIGO 2º FINALIDADES DA ASOCIACIÓN:
2.1 . Asistir ós pais e titores en todo aquilo que atinxe á educación dos seus fillos ou pupilos.
2.2. Colaborar nas actividades educativas do centro.
2.3 Promove-la participación dos pais de alumnos na xestión do centro.
2.4. Procurar facer da acción educativa unha tarefa compartida na que o educando chegue a ser dono de sí mesmo, libre e responsable; que aprenda a basear a súa liberdade nunha escala de valores humáns e cristiáns que den sentido, unidade e valor a toda a súa vida, respetando outras crenzas.
2.5. Asistir ós pais de alumnos no exercicio do seu dereito a intervir no control e xestión do centro.
2.6. Facilita-la representación e participación dos pais de alumnos nos Consellos Escolares dos centros e neutros órganos colegiados, se é o caso.
ARTIGO 3º ENDEREZO: Avda. de Zamora 98, 32005 Ourense.
CAPITULO II. DOS ÓRGANOS DE GOBERNO
ARTIGO 4º COMPOSICIÓN E FUNCIONAMENTO DO ÓRGANO DE GOBERNO, que será democrático.
4.1. Os órganos de goberno e representación da Asociación son: a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva.
4.2. A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da Asociación e estará integrada por tódolos asociados.
4.3. As reunións da Asemblea Xeral serán ordinarias e extraordinarias.
4.4. Celebrarase, a lo menos, unha reunión ordinaria no ano que terá lugar dentro do primeiro trimestre escolar.
4.5.As convocatorias ás Asembleas Xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, faránse por aviso ós pais, tanto oral a través dos profesores ou dos vocais de cada curso que avisarán ós pais, como por escrito entregado ós alumnos e dirixido ós pais; e por un anuncio nun taboleiro exterior visible do colexio, expresando o lugar, día e hora da reunión, así como a orde do día.
4.6.Entre a convocatoria e o día sinalado para a celebración da Asemblea Xeral en primeira convocatoria haberá de mediar, a lo menos, sete días, poidendo así mesmo, facer constar se procedera, a data e hora na que se reunirá a Asemblea en segunda convocatoria, sen que entre unha e outra poida mediar un prazo inferior a media hora.
4.7.Por razóns de urxencia, poderánse reduci-los mencionados prazos.
4.8. A Asemblea Xeral quedará constituida válidamente en primeira convocatoria, cando concurran a ela, presentes ou representados, un tercio dos asociados con dereito a voto e, en segunda convocatoria, calquera que sexa o número de asociados con dereito a voto. Na citación farase constar que entre a primeira e a segunda convocatoria existirá unha marxe de media hora.
4.9.Os acordos adoptaranse por maioría simple das persoas presentes ou representadas que resultará cando os votos afirmativos superen ós negativos, non sendo computables a estes efectos, os votos en branco nin as abstencións.
4.10. Será necesario obter maioría cualificada das persoas presentes ou representadas, que resultará cando os votos afirmativos superen á mitade, nos seguintes casos:
a) Nomeamento e separación das Xuntas Directivas e administradores.
b) Adopción de acordos de constitución de Federacións de Asociacións ou de integración en Federacións xa constituidas.
c) Disposición ou enaxenacións de bens integrantes do inmovilizado.
d) Modificacións dos Estatutos.
4.11. Son facultades da Asemblea Xeral Ordinaria:
a) Aprobar, no seu caso, a xestión da Xunta Directiva.
b) Examinar e aproba-las contas anuais.
c) Aprobar ou rexeita-las propostas da Xunta Directiva en orde ás actividades da asociación.
d) Fixa-las cotas ordinarias ou extraordinarias.
e) Calquera outra que non sexa da competencia exclusiva da Asemblea Xeral Extraordinaria.
4.12. Corresponde á Asemblea Xeral Extraordinaria:
a) Nomeamento e separación dos membros da Xunta Directiva.
b) Modificacións dos Estatutos.
c) Disolución da Asociación.
d) Expulsión de socios, a proposta da Xunta Directiva.
e) Constitución de Federacións ou integración nelas
4.13. As reunións extraordinarias celebraranse cando as circunstancias así o aconsellen, a xuicio do Presidente, cando a Xunta Directiva o acorde por maioría simple dos seus membros ou cando o soliciten por escrito un número de asociados que represente, a lo menos, un vinte por cento do total.
4.14. A asociación será xestionada e representada por unha Xunta Directiva que estará integrada por: un Presidente, un Secretario, un Tesoureiro e ata oito vocais (sendo o ideal un vocal por curso). Tódolos cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuitos.
4.15.Estes cargos serán designados e revocados pola Asemblea Xeral Extraordinaria e o seu mandato terá unha duración de tres anos que poderá ser renovable.
4.16. A Xunta Directiva propondrá ós candidatos novos, e a renovar, que se exporán no taboleiro de anuncios, polo procedemento de listas abertas, durante 15 días, por se se apuntaran novos candidatos para ser membros da Xunta Directiva; transcorrido ese prazo, a Xunta Directiva fará unha selección despois da cal serán propostos á Asemblea Xeral Extraordinaria para a súa aprobación.
4.17. Se houbese un vocal por cada curso, ese vocal podería propoñer a outro vocal dese curso como novo candidato. Escoitaranse os xuicios do Director do colexio ou do representante da súa titularidade á hora dos novos candidatos.
4.18. Os membros da Xunta Directiva que houbesen esgotado o prazo para o cal foron elixidos, continuarán ostentanto os seus cargos ata o momento no que se produza a aceptación dos que os substitúan.
4.19. A Xunta Directiva reunirase cantas veces o determine o seu Presidente ou por iniciativa ou petición de catro dos seus membros. Quedará constituida cando asista a mitade máis un dos seus membros, e para que os seus acordos sexan válidos deberán adoptarse por maioría de votos. En caso de empate, o voto do Presidente será de calidade.
4.20. Ás súas reunións poderán asistir, con voz pero sen voto, o Director do Colexio ou representante da súa titularidade, así como tamén, no seu caso, o asesor relixioso e demais persoas que, expresamente sexan invitadas, por considerar conveniente a súa asistencia e consello.
4.21. As facultades da Xunta Directiva estenderanse con carácter xeral, a tódolos actos propios das finalidades da Asociación, sempre que non requiran segundo estes Estatutos, autorización expresa da Asemblea Xeral.
4.22. Son facultades particulares da Xunta Directiva:
a) Executa-los acordos da Asemblea Xeral.
b) Dirixir e administra-la Asociación.
c) Determina-las comisións para o desenvolvemento da Asociación, nomear ós vocais e colaboradores encargados das mesmas.
d) Facer cumpri-los Estatutos, nomea-los candidatos para presentar á Asemblea Xeral Extraordinaria.
e) Resolver tódolos asuntos que non sexan competencia da Asemblea Xeral.
f) En caso de enfermidade ou impedimento de forza maior temporal, poderase encargar da súa obriga outro membro da Xunta Directiva.
g) Contratar persoal, fixa-las súas retribucións, así como os emolumentos e dietas de profesionais e membros da Asociación que presten cometidos para a mesma e, no seu caso, sinala-la súa remuneración que deberá ser referendada pola Asemblea Xeral.
4.23. O Presidente terá as seguintes atribucións: representar legalmente á Asociación ante toda clase de organismos públicos ou privados; convocar, fixa-la orde do día, presidir e levanta-las sesións que celebre a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva, así como, dirixi-las deliberacións de unha e outra; ordear pagos e autorizar coa súa firma os documentos, actas e correspondencia; adoptar calquera medida de carácter urxente que a boa marcha da Asociación o aconselle, ou no desenrolo das súas actividades resulte necesaria ou conveniente, sen perxuicio de dar conta posteriormente á Xunta Directiva, o que deberá de facer nun prazo de tempo non superior a quince días.
4.24. O Secretario terá ó seu cargo a dirección dos traballos puramente administrativos da Asociación, expedirá as certificacións, levará os libros da Asociación que sexan legalmente esixibles, coa excepción dos libros de contido económico que serán levados polo Tesoureiro, e o ficheiro dos asociados, e custodiará a documentación da entidade, facendo que se cursen as comunicacións sobre designación das Xuntas Directivas e demais acordos sociais inscribibles nos rexistros correspondentes, así como, a presentación das contas anuais e o cumprimento das obrigas documentais nos termos que legalmente correspondan.
4.25. O Tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación e dará cumprimento das ordes de pagamento que expida o Presidente. Levará os libros económicos da Asociación e dirixirá a contabilidade, redactando as contas e presupostos de cada exercicio.
4.26. Os Vocais terán as obrigas propias do seu cargo como membros da Xunta Directiva e, as que nacian das delegacións ou comisións de traballo que a propia Xunta lles encomende.
4.27. As vacantes que se poideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva serán cubertas provisoriamente entre ditos membros ata a aprobación definitiva pola Asemblea Xeral Extraordinaria.
4.28. Para o efectivo cumprimento das obrigas administrativas, fiscais e económicas, a Asociación disporá, a lo menos, da seguinte documentación:
a) Un libro de Asociados no que se levará relación actualizada dos asociados.
b) Libros de Actas, tanto da Asemblea Xeral como da Xunta Directiva, nos que se recollerán por parte do Secretario as deliberacións e acordos de ámbolos órganos de goberno.
c) Libros de Contabilidade, na forma que en cada caso sexa legalmente establecida e de forma que da súa consulta permitase obter unha imaxe fiel do patrimonio da asociación, do resultado de cada exercicio económico e da situación financeira da entidade.
d) Memoria anual das actividades realizadas.
CAPITULO III. DOS ASOCIADOS
ARTIGO 5º. PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DOS ASOCIADOS:
5.1. Que será voluntaria e logo de solicitude de inscrición, sen que se poidan esixir máis requisitos que o de ser pai ou titor de alumno matriculado no centro. Pagar, se é o caso, as correspondentes cotas e aceptar expresamente os Estatutos da Asociación.
5.2. Dentro da Asociación poderán existir as seguintes clases de socios:
a) Socios colaboradores: os que participen no acto de constitución da Asociación; os numerarios cuios fillos deixen de cursa-los estudios no centro e desexen continuar pertencendo á Asociación; os pais de futuros alumnos; os antigos alumnos; as persoas maiores de idade que desexen asociarse e así o soliciten e, sexan admitidos pola Xunta Directiva.
b) Socios numerarios: os que ingresen despois da constitución da Asociación, e os pais, nais e titores dos alumnos matriculados no centro que, voluntariamente se inscriban na Asociación.
c) Socios de honor: os que sexan designados como tales pola Xunta Directiva ou pola Asemblea Xeral, en atención ás seguintes circunstancias: polo seu prestixio ou pola súa contribución de modo relevante á dignificación e desenrolo da Asociación facéndose acredores de tal distinción.
5.3. Os socios numerarios e colaboradores terán dereito a:
a) Participar en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins.
b) Disfrutar de tódalas vantaxes e beneficios que a Asociación poida obter.
c) Participar nas Asembleas con voz e voto.
d) Ser electores e elixibles para os cargos directivos.
e) Ser informado da composición dos órganos de goberno e representación da Asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
f) Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarios contra el e, a ser informado dos feitos que den lugar a tales medidas, debendo ser motivado o acordo que, no se caso, impoña a sanción.
g) Impugna-los acordos dos órganos da Asociación que estime contrarios á Lei ou os Estatutos.
h) Recibi-la información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación.
i) Face-las suxerencias ós membros da Xunta Directiva en orde ó mellor cumprimento dos fins da Asociación.
5.4. Serán obrigas dos socios colaboradores e numerarios as seguintes:
a) Cumpri-lo presente Estatuto e os acordos válidos das Asembleas e da Xunta Directiva.
b) Aboa-las cotas que se fixen.
c) No seu caso, desempeña-las obrigas inherentes ó cargo que ocupen.
d) Comparti-las finalidades da Asociación e colaborar para a consecución das mesmas.
5.5. Os socios de honor terán os mesmos dereitos que os demais, agás dos que figuran nos apartados c) e d) do artigo de dereitos anteriores, poidendo asistir ás Asembleas con voz pero sen voto. Igualmente terán as mesmas obrigas que os demais, agás, das previstas nos apartados b) e c) do artigo das obrigas anteriores.
ARTIGO 6º. DEREITOS E OBRIGAS DOS ASOCIADOS:
6.1. Os asociados terán os seguintes dereitos:
a. Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins.
b. Disfrutar de tódolos servizos e instalacións da Asociación.
c. Participar nas Asembleas con voz e voto. A estes efectos cada un dos pais ou titores representarán un so voto, con independencia dos fillos ou pupilos que tiveran matriculados no centro.
d. Ser electores e elixibles para os cargos directivos e dos órganos de control e dirección do centro, cando os houbere.
e. Recibi-la información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación, da composición dos órganos de goberno e representación, así como do estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
f. Facer-las suxerencias ós membros da Xunta Directiva en orde ó mellor cumprimento dos fins da Asociación.
g. A impugnar, polos cauces legais oportunos, os acordos da Asemblea Xeral ou da Xunta Directiva que estime contrarios á Lei ou ós Estatutos.
6.2. Os asociados poderán causar baixa na Asociación por algunha das causas seguintes:
a) Por renuncia voluntaria, debendo comunicarse por escrito á Xunta Directiva.
b) Por incumprimento das obrigas económicas derivadas da súa condición de asociado.
c) Por baixa no centro dos seus fillos ou pupilos.
d) Por falta manifesta, que se considere acreditada a xuicio da Xunta Directiva, do mínimo interese en que a Asociación persiga os fins que lle son propios, que o asociado houbese manifestados dificultanto ou entorpecendo o labor da Asociación
6.3. Os asociados terán as seguintes obrigas:
a. Comparti-las finalidades da Asociación e colaborar para a consecución das mesmas.
b. Paga-las cotas, derramas e outras aportacións que, con arrreglo ós Estatutos, poidan corresponder a cada asociado.
c. Cumpri-lo resto das obrigas que resulten das disposicións deste Estatuto.
d. Acatar e cumpri-los acordos válidamente adoptados polos órganos de goberto e representación da Asociación.
CAPITULO IV. PATRIMONIO FUNDACIONAL:
ARTIGO 7º. A Asociación carece de patrimonio fundacional algún.
ARTIGO 8º. Os recursos económicos previstos provirán :
a. Das cotas anuais que aporten os socios.
b. Das subvencións, legados ou herdanzas que a Asociación poidera recibir de forma legal por parte dos asociados ou de terceiras persoas.
c. Calquera outro recurso lícito.
8.1. Existirá relación escrita do Patrimonio acumulado. O patrimonio da Asociación en caso de disolución destinarase ó colexio e, en defecto deste, á Diócese de Ourense para fins benéfico-sociais para nenos.
CAPITULO V. RÉXIME DE MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS:
ARTIGO 9º. A modificación do presente Estatuto terá que ser acordada en Asemblea Xeral
Extraordinaria, convocada ó efecto. O acordo de modificación, para ser válido, requirirá o voto favorable de, a lo menos, os dous tercios dos socios presentes.
En Ourense a, 10 de maio de 2005