INFORMACIÓN MATRÍCULA 2010-11

 

De acordo cá lexislación aplicable a admisión de alumnos:

  • Decreto 30/2007 do 15 de marzo (DOG.16-03-07)
  • Orde do 17 de marzo de 2007 (DOG. 19-03-07)
  • Corrección erros DOG. 04-04-07

Achéganse as seguintes instruccións:

  1. A solicitude de posta escolar será única e presentarase no centro onde o solicitante pretende ser admitido/a.

Naqueles centros e para as ensinanzas en que exista mais demanda que oferta de postos escolares, as direccións dos centros abrirán un prazo para que os pais, nais ou titores legales do alumnado presenten a documentación xustificativa dos méritos por eles alegados para a aplicación dos criterios de admisión do alumnado.

  1. Achegarase se fose o caso, a documentación que acredite as circunstancias que fundamentan esta petición, derivada de discapacidade física, psíquica ou sensorial, de sobredotacion intelectual ou de trastornos graves da conduta.
  2. 0 solicitante poderá demandar que se teña en conta o domicilio familiar ou o lugar de traballo e non serán acumulables as puntuaciones polos dous critenos.
  3. Indicar si se trata de educación infantil, educación primaria.
  4. Para a consideración de irmán matriculados no centro, só se terán en conta os que vaian continuar escolarizados neste durante o curso escolar para o que se solicita a admisión.
  5. Considérase como domicilio familiar ou habitual de residencia do pai, nai ou titores legais do alumnado. Cando o pai, nai ou titores legais vivan en domicilios diferentes, considerarase como domicilio familiar o daquel que tenia a garda ou custodia legalmente atribuída por sentenza firme, por convenio regulador ou por acollemento familiar preadoptivo.
  6. Para a valoración da renda da unidade familiar, os interesados deben cubrir  os datos numéricos da columna “puntuación” da folla 2 do anexo. Caso de alegar renda, para a valoración da mesma, farán constar a cantidade que figura na casiña 483 da declaración da renda de 2008 da cada un dos declarantes da unidade familiar.
  7. Taboa de valoracions:

 

 

MATRICULA 2010 -11

  • VACANTES 2010-11         
3 ANOS

22+3 (Alumnos N.E.E.)

4 ANOS

5

5 ANOS

0

1º PRIMARIA

0

2º PRIMARIA

0

3º PRIMARIA

0

4º PRIMARIA

10

5º PRIMARIA

7

6º PRIMARIA

0

  • DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

 

Copia do D.N.I.  do alumno ou copia do libro de familia onde figure.

  • CENTROS ADSCRITOS:
    • SALESIANOS.- opción privada
    • LABORAL.- opción pública

 

  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
    • Entre o 1 de marzo e o 6 de abril ( do 27 de marzo ata o 5 de abril, vacacións de Semana Santa o colexio permanecerá cerrado)
  • PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN EN CASO DE BAREMACIÓN
    • Entre 1 e o  20 de abril

 

  • PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRICULA:
    • 20 a 30 de Xuño
  • A solicitude será única e presentaráse no centro onde o solicitante pretende ser admitido.

 

  • Para a valoración da renda da unidade familiar, os interesados deben cubrir  os datos numéricos da columna “puntuación” da folla 2 do anexo. Caso de alegar renda, para a valoración da mesma, farán constar a cantidade que figura na casiña 483 da declaración da renda de 2008 da cada un dos declarantes da unidade familiar.