“XUNTOS SOMOS UNHA SINFONÍA DE ILUSIÓNS”

ÍNDICE

.
1. Benvida…………………………………………………………………………......1
2. Identidade do centro ………………………………………………………2
3. Estilo educativo e obxectivo xeral …………………………………3
a. A nosa escola
b. Proposta Educativa
c. A Comunidade Educativa………………………………………… .......4
d. Obxectivo xeral para o curso 2009-2010……………………4
4. Organigrama …………………………………………………………………5

5. Normativa
a. Normas xerais de convivencia. ……………………………………..6
b. Dereitos e deberes do alumno ……………………………………7-8
c. Faltas e sancións…………………………………………………...........9-10

6. Calendario Escolar ……………………………………………………….11
7. Actividades Extraescolares …………………………………………12
8. Actividades complementarias culturais, formativas ou recreativas ………12
9. Asociación de Nais e Pais (ANPA) …………………………………13
10. Horarios ……………………………………………………………………….14
a. Tutorías
b. Secretaría
c. Dirección
d. Xefatura de Estudios

11. Anexos……………………………………………………………………………15

 

1.- INTRODUCCIÓN:
Pentagrama é unha serie de cinco liñas paralelas onde o compositor ubica as notas da escala musical, compás tras compás, ata lograr un camiñar melódico. Comentan que un día, Amadeus Mozart, os cinco anos, entusiasmado recorría as teclas do piano, como buscando algo.Achegase un conocido e pregúntalle:Que estás buscando? O neno artista contéstalle:"As notas que armonizan e ubicadas, forman finalmente un fermoso concerto".
Amadeus Mozart, ubicando correctamente as notas musicais, compuxo melodías inolvidables. Pero demos un paso máis. Se en lugar de notas musicais ubicamos persoas, decatámonos que é difícil a convivencia, poñernos de acordo no pentagrama da vida. As notas obedecen ó talento do xenio. E nós, as persoas, debemos poñer inxenio para liberarnos de ataduras, egoísmo e soedades que provocan disonancias que separan.
Unha escola debe ser un gran pentagrama onde ubicar todas as notas necesarias para facer unha gran sinfonía de vida. Nesta sinfonía serán imprescindibles as “notas musicais” de alumnos, pais e profesores; que armonizados e cunha clave común, que oriente, guíe e marque un “estilo musical” concreto. Todas as notas deben estar na mesma clave, pois de non ser así sería disonante e errónea. A clave é o centro, a base da armonía e da sinfonía.
Como escola cátolica a nosa clave está nos valores evanxélicos que desexamos propoñer ós nosos alumn@s. O valor da solidaridade, do respeto , da honestidade , do traballo , da xenerosidade , do perdón e da convivencia na diversidade; o valor da comprensión, da transcendencia e da fe.
En definitiva, o noso empeño é facer posible xuntos , unha sinfonía que axude a cada nen@ a medrar como boa persoa e soñar xuntos un mundo e unha sociedade moito mellores.
¡Música maestro! Pero música para todos, por favor… por UNHA SINFONÍA DE ILUSIÓNS.

2.- IDENTIDADE DO CENTRO

a.- O colexio S.Pío X, situado na rúa Avda de Zamora nº 98 Ourense é un centro integrado que ten as seguintes unidades:
• 3 de Educación Infantil.
• 6 de Educación Primaria.
b.- As 6 unidades de Educación Primaria, e 3 de Educación Infantil (1º, 2º e 3º) están en réxime de concerto pleno.

3.- ESTILO EDUCATIVO E OBXECTIVO XERAL

a.-A nosa escola
O Colexio San Pío X inicia a súa andadura no ano 1967, gracias a iniciativa do entón párroco Don Antonio Vázquez Borrajo.
O Bispado encomenda o labor educativo e a titularidade do centro ó Instituto Secular “Alianza en Jesús por María” e, durante uns anos funciona como patroado.
Nun principio conta tan só con catro unidades, pero xa no ano 1971 constrúese un novo edifico para seis unidades. Ó ano seguinte implántase a E.X.B. completa.
Unha orde ministerial extingue os patroados e o colexio pasa a un réxime de Concertos. No ano 1992 a titularidade administrativa é cedida ós profesores do colexio que, constitúen unha Cooperativa de Ensino; sendo o párroco,D.Luis Rguez Alvarez ,o presidente da mesma dende o ano 2007.
Actualmente o colexio ten unha plantilla de 14 profesores que atenden as seis unidades de Educación Primaria, tres de Educación Infantil todas elas concertadas, unha de Audición e Linguaxe e unha de Pedagoxía Terapéutica.

b.- Proposta Educativa
Así nós facemos unha proposta educativa ao servizo da persoa, buscando valores de alegría, austeridade e promoción da paz. Todo isto queremos acadalo a través da fraternidade, a defensa da vida e facendo dos nosos alumnos persoas creativas e responsables.
Deste xeito no futuro teremos persoas que queiran construír unha sociedade máis fraterna e solidaria, máis participativa e democrática, máis comprometida coa xustiza e, por suposto, moito máis crítica, creativa e humanizadora.

c.- Comunidade Educativa

Todos os membros da comunidade educativa debemos contribuír, dentro do modelo educativo definido no carácter propio, á mellor marcha da actividade educativa. Todos xuntos á procura do home completo que queremos ser.
Desde esta liña e desde o espírito da reforma educativa, promovemos, concretamos e definimos VALORES, ACTITUDES E CAPACIDADES

d.- Obxectivo Xeral para o curso 2010-2011

O obxectivo proposto para este curso 2010-2011 é “Xuntos somos unha sinfonía de ilusións”.

Con él, pretendemos traballar, sobre todo o seguinte:
Liberarnos de ataduras, egoísmo e soedades que provocan disonancias que separan.

“A unión fai a forza". Xuntos, é máis doado . Temos que aprender a arte de vivir xuntos, coma irmans.


Cultivar bons sentimentos para abrir camiños que leven a unidade

En definitiva, o noso empeño é facer posible, xuntos unha sinfonía que axude a cada nen@ a medrar como boa persoa e soñar xuntos un mundo e unha sociedade moito mellores.

4.- ORGANIGRAMA

5.- NORMATIVA DE CENTRO
1. ORACIÓN: Comezamos as clases da mañá cunha oración preparada polo EQUIPO DE PASTORAL.
2. AUSENCIAS: Toda ausencia debe ser comunicada ó titor por medio dunha nota escrita dos pais ou titores(Modelo de comunicación de ausencias) . Hai que ser puntual ás clases, para non interromper o seu desenvolvemento. Os retrasos reiterados serán motivo de sanción. Dentro do horario escolar non podes ausentarte do colexio sen a “Autorización” asinada polo titor (Modelo de autorización).
3. INDUMENTARIA: Todos os alumnos de Infantil e Primaria asistirán ás clases debidamente aseados e a vestimenta adecuada. O uso do chándal será obrigatorio para as clases de Educación Física e nas actividades realizadas fóra do recinto escolar. Presta atención para non esquecer na casa o material escolar necesario.
Tanto o mandilón coma o Chándal deberán vir debidamente marcados para poder ser identificados en caso de extravío.
4. APROPIACIÓN INDEBIDA: Todas as cousas teñen o seu dono. Non te apropies do que non che pertence. Se atopas algo no centro, entrégao o titor. O colexio non se responsabiliza do diñeiro ou obxectos de valor que poidan extraviar os alumnos.
5. MATERIAL: Non está permitido o uso de material que non teña relación coas actividades escolares e extraescolares (móbiles, aparellos electrónicos, etc.). Os obxectos recollidos non se devolverán ata final do curso.
6. DETERIOROS: Sé responsable das cousas que se che confían e das que poidas aproveitar, coma instalacións, material escolar, deportivo. Os destrozos causados polos comportamentos inadecuados correrán a cargo dos alumnos.
7. VOCABULARIO: Que a túa linguaxe sexa propia dunha persoa educada: coida de non dicir palabras malsoantes, insultos, etc.
8. RESPECTO: Nas entradas e saídas respecta os teus compañeiros: non corras, non berres nin empurres, sobre todo nas escaleiras.
9. ORDE: Para lograr un ambiente máis agradable, mantemos limpa e ordenada a clase. Utilizaremos a papeleira no patio.
10. ENTRADA E SAÍDA: Os pais e titores dos alumnos de Infantil e Primaria non pasarán ás clases. Deixarán os nenos na entrada do patio ( Fóra do patio de columnas).

6.-DEREITOS E DEBERES DO ALUMNO

A actual Lei de Educación recoñécelles ós alumnos os seguintes DEREITOS:
a) Á formación no respecto ós dereitos e liberdades fundamentais e no exercicio da tolerancia e da liberdade dentro dos principios democráticos de convivencia.
b) Á adquisición de hábitos intelectuais e técnicas de traballo, así como de coñecementos científicos, técnicos, humanísticos, históricos e estéticos.
c) Á formación para a paz, a cooperación e a solidariedade entre os pobos.
d) Ó desenvolvemento harmónico da afectividade, da autonomía persoal e da capacidade de relación cos demais.
e) Á participación na mellora da calidade de ensinanza.
f) Ó fomento da súa capacidade e actitude crítica.
g) Ó respecto da súa dignidade e a non ser sometidos a tratos vexatorios e humillantes.
h) Á orientación escolar e profesional.


DEBERES: O ESTUDO é un DEBER BÁSICO de todo alumno para a súa FORMACIÓN e leva consigo as seguintes OBRIGACIÓNS neste centro:
a) Aceptar o carácter propio do centro e respectar as accións concretas que o colexio determine neste sentido.
b) Asistir a clase con regularidade e puntualidade.
c) Participar nas actividades orientadas ó desenvolvemento dos plans de estudio.
d) Respectar os horarios aprobados para o desenvolvemento das actividades do centro.
e) Seguir as orientacións do profesorado respecto da súa aprendizaxe e amosarlle o debido respecto e consideración
f) Respectar o exercicio do dereito ó estudo dos seus compañeiros.
g) Respectar a liberdade de conciencia e as conviccións relixiosas e morais, así como a dignidade, integridade e intimidade de tódolos membros da comunidade educativa.
h) Non discriminar a ninguén por razón de nacemento, raza, sexo ou por calquera outra circunstancia persoal ou social.
i) Respectar e utilizar correctamente os bens mobles e as instalacións do centro.
j) Participar na vida e no funcionamento do centro.

7.-FALTAS E SANCIONS:
Faltas:

As faltas poden ser leves, graves e moi graves.

a.-Son faltas leves:
? As faltas inxustificadas de puntualidade.
? As faltas inxustificadas de asistencia a clase.
? O deterioro non grave, causado intencionalmente, das dependencias do centro, do material deste ou dos obxectos e pertenzas doutros membros da comunidade educativa.
? Calquera acto inxustificado que perturbe levemente o normal desenvolvemento das actividades do centro.
? Calquera outra non recollida aquí que a xuízo do mestre sexa considerada como leve.

b.- Son faltas graves:
? Chegar tarde a clase reiteradamente.
? Non face- los deberes ou traballos que lle foran mandados.
? Non trae- los libros, cadernos e demais materiais á clase.
? Non vesti-la roupa de ximnasia nas horas correspondentes.
? Pelexarse dentro do recinto escolar.
? Dana- las paredes ou mobiliario do centro.
? Tirar pedras.
? Portar obxectos punzantes.
? Reincidir en falta leve.
? Calquera outra non recollida aquí e que a xuízo do profesor sexa considerada como grave.

c.- Son faltas moi graves:
? Faltar a clase sen xustificación.
? Falsificar firmas ou datos.
? Falta-lo respecto ó persoal do centro.
? Incumprir un castigo.
? Non respecta-lo edificio, as instalacións e o material do centro, danándoo ou destruíndoo premeditadamente.
? Proferir ameazas ou insultos contra o persoal do centro.
? Roubar premeditadamente.
? Desobedecer manifestamente ó persoal do centro.
? Calquera outra falta non recollida aquí e que a xuízo do profesor sexa considerada como moi grave.


SANCIONS:
a.- Cando se trata de faltas leves:
• Amoestación privada.
• Amoestación por escrito, da que conservará constancia o Xefe de Estudios e que será comunicada ós pais.
• Realización de tarefas, se procede, que cooperen na reparación, en horario non lectivo, dos deterioros non graves.
• Realización de tarefas que contribúan á mellora e desenvolvemento das actividades do centro.

b.- Cando se trata de faltas graves:

• Realización de tarefas que contribúan a reparación dos danos materiais causados, se procede, ou á mellora e desenvolvemento das actividades do centro. Estas tarefas deberán realizarse en horario non lectivo por un período que non poderá exceder do comprendido entre dúas avaliacións.
• Suspensión do dereito de asistencia ó centro ou a determinadas clases por un período máximo de sete días lectivos, sen que iso implique a perda dalgunha avaliación e sen prexuízo de que comporte a realización de determinados deberes ou traballos no domicilio do alumno.

c.- Cando se trata de faltas moi graves:
As sanción por faltas moi graves serán determinadas pola comisión de disciplina, previa aprobación do Consello Escolar.

8.- CALENDARIO ESCOLAR DO CURSO 2010-2011

9.-ACTIVIDADES

EXTRAESCOLARES:

Ver apartado referido á ANPA

CULTURAIS FORMATIVAS OU RECREATIVAS:

OUTUBRO: Campaña do Domund
Visita exposición sobre África (5º e 6º de E.P.)
Escolas viaxeiras (Navarra), 5º de E.P.

NOVEMBRO: Celebración do magosto

DECEMBRO: Concurso de Postais
Festival de Nadal
Campaña de Nadal

XANEIRO: Celebración dun acto para conmemorar o día da paz
Semana da Infancia (Teatro no auditorio)

MARZO : Celebración do Entroido

MAIO: Acto conmemorativo das letras galegas
Encontro Diocesano nos MILAGROS

XUÑO: Excursión fin de curso, Festival Fin de curso, Festa despedida alumnos de
6º de E.P.
OUTRAS: Participarase nas actividades que se consideren de interés propostas polo concello ou calquera outra entidade.
Os alumnos do terceiro Ciclo participan nos programas de VOZ NATURA e de PRENSA NA ESCOLA
10.- ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS (ANPA).
Os pais dos alumnos deste colexio están asociados e a súa finalidade e funcións están contempladas nos seus propios estatutos.
• Presidenta: Dña Pilar Araujo Araujo
• Tesoreira: Dña Aurora Damil Domínguez
• Secretaria: Dña Yolanda Otilia Seara Sampedro
Vocais:
Dña Rocío Glez Mediavilla
Dña Sagrario Seara Sampedro
Dña Mercedes Vilanova Álvarez
Dña Cristalina López Rguez
Dña Mª Esther Armada Rguez
Esta ANPA colabora na realización e coordinación das seguintes actividades :
• Apoio educativo
• Inglés play-land
• Whu shu
• Batuka
• Multiactividad infantil
• Obradoiros diversos gratuitos, para os nenos asociados
• Bailes latinos para pais
• Teatro
• Pintura artística
• Patinaxe
• Baile rexional
Os socios da ANPA teñen un desconto do 25% no Paco Paz, é en Trabazos un 10%
Os pais asociados disporán dun carnet co que obterán descontos en diferentes tendas do barrio..
Dende a ANPA informase os pais de diversas actividades,e charlas sobre temas de interese para a educación dos seua fillos e solicitanse subvencións para os nenos .
Dispoñen de páxina web www.sanpiox.com nos enlaces Colegio ANPA.
Ten unha reunión anual en Novembro na que se informa ós pais da memoria, do programa escolar e da ANPA, e na que se reparten os carnets

11- HORARIOS :
As entrevistas cos titores e especialistas serán con cita previa

 

ESPECIALISTAS:

Inglés : Mª José (Horario de Xefatura de Estudios)
Música - P.T. : Javier (Xoves de 3:30 - 5:30)
A.L : Mar ( Venres 11:00-12:00)

SECRETARÍA

luns : 12:15 – 13:10
martes e venres: 9:55 -10:50

DIRECCIÓN

luns, xoves e venres : 12:00-13:00

XEFATURA DE ESTUDOS

luns, martes : 9:55 - 10:50
venres : 13:10 - 14:00


12.- SERVICIOS
Comedor:
O servizo de comedor está xestionado por "Aixiña", entidade de axuda e integración dos minusválidos, e coordinado polo Colexio S. Pío X.
Acollida Matinal:

Este servizo funciona dende ás 8:00h. e está xestionado e coordinado polo colexio S. Pío X

 

MODELO DE COMUNICACIÓN DE FALTAS DE ASISTENCIA

D/ Dña_______________________________________ pai/nai ou titor do alumn@
________________________________________ informa que est@ non pudo asistir
ás clases debido a:____________________________________________________
____________________________________________________________________
Ourense ,____de______20__
Firma


MODELO DE AUTORIZACIÓN DE AUSENCIAS

D/ Dña_______________________________________ pai/nai ou titor do alumn@
________________________________________ solícita que est@ se lle permita
ausentarse debido a:____________________________________________________
____________________________________________________________________
__________________________________________________________________
Ourense ,____de______20__
Firma

Nota: modelo para fotocopiar


 

cpr,sanpiox@edu.xunta.es

tel/fax 988 22 11 27