- Benvida.
- Identidade do centro
- Estilo educativo e obxectivo xeral
- A nosa escola
- Proposta Educativa
- A Comunidade Educativa
- Obxectivo xeral para o curso 2009-2010
- Organigrama
- Normativa
- Normas xerais de convivencia.
- Dereitos e deberes do alumno
- Faltas e sancións
- Calendario Escolar
- Actividades Extraescolares
- Actividades complementarias culturais, formativas ou recreativas
- Asociación de Nais e Pais (ANPA)
- Horarios
- Tutorías
- Secretaría
- Dirección
- Xefatura de Estudos
- Anexos

1.- BENVIDA:
Benvidos a todos:
O lema proposto para este curso 2009-10 é “Xuntos damos cor ó mundo”.
Nesta ocasión,os lapis de cores, o mundo… irannos acompañando o longo do curso.
Cada unha das cores que forman este “logo” teñen un destino, unha finalidade, unha razón de existir.
Cando actuamos na vida de xeito individual é doado que os resultados sexan pobres,
pero cando temos capacidade para traballar en común os resultados, con seguridade, son mellores,
moito máis productivos e a vez máis gratificantes
Cada unha das cores teñen un valor concreto a traballar: Unidade, paz, fe, vida, amizade, diálogo,
entrega, esperanza, respecto, igualdade, xustiza, fraternidade, tolerancia…
Esa é a súa misión… e realizandoa súa misión as pinturas de cores iránse desgastando,
do mesmo xeito que se desgasta a vida cando se da con xenerosidade.
É mellor conservar a nosa caixa de pinturas con intactos e preciosas cores que basean súa existencia na
apariencia externa ou é mellor “desgastar” esas pinturas dando cor a todo aquelo que é importante nas nosas vidas?
Certo, cando algo se usa… gástase… estrágase, pérdese, rómpese, dáñase… cando algo ou alguen solo vive
dende a superficie no se estraga por fóra pero vai perdendo progresivamente o contido profundo, a súa razón de ser.
A misión destas pinturas, individual e grupalmente é dar cor e luz ó mundo para facelo máis habitable,
máis solidario, máis humano…
Queremos neste curso facer unha aposta pola vida, pola unidade e polo noso mundo; e para iso queremos
estar dispostos a desgastarrnos, a que as nosas pinturas sexan afiadas cada día cun sacapuntas para, así,
renovar o noso compromiso por un mundo mellor .
Un saúdo e feliz curso 2009-2010
Luis Rguez Álvarez
Presidente da Cooperativa
2.- IDENTIDADE DO CENTRO
2.1.- O colexio S.Pío X, situado na rúa Avda de Zamora nº 98 Ourense é un centro integrado que ten as
seguintes unidades:
- 3 de Educación Infantil.
- 6 de Educación Primaria.
2.2.- As 6 unidades de Educación Primaria, e 3 de Educación Infantil (1º, 2º e 3º) están en réxime de concerto pleno.
3.- ESTILO EDUCATIVO E OBXECTIVO XERAL
3.1 A nosa escola
O Colexio San Pío X inicia a súa andadura no ano 1967, gracias a iniciativa do entón párroco
Don Antonio Vázquez Borrajo.
O bispado encomenda o labor educativo e a titularidade do centro ó Instituto Secular “Alianza en Jesús por María” e,
durante uns anos funciona como patroado.
Nun principio conta tan só con catro unidades, pero xa no ano 1971 constrúese un novo edifico para seis unidades.
Ó ano seguinte implántase a E.X.B. completa.
Unha orde ministerial extingue os patroados e o colexio pasa a un réxime de Concertos.
No ano 1992 a titularidade administrativa é cedida ós profesores do colexio que,
constitúen unha Cooperativa de Ensino; sendo o párroco,D.Luis Rguez Alvarez ,
o presidente da mesma dende o ano 2007.
Actualmente o colexio ten unha plantilla de 14 profesores que atenden as seis unidades de Educación Primaria,
tres de Educación Infantil todas elas concertadas, unha de Audición e Linguaxe e unha de Pedagoxía Terapéutica.
3.2.- Proposta Educativa
Así nós facemos unha proposta educativa ao servizo da persoa, buscando valores de alegría,
austeridade e promoción da paz. Todo isto queremos acadalo a través da fraternidade,
a defensa da vida e facendo dos nosos alumnos persoas creativas e responsables.
Deste xeito no futuro teremos persoas que queiran construír unha sociedade máis fraterna e solidaria,
máis participativa e democrática, máis comprometida coa xustiza e, por suposto, moito máis crítica,
creativa e humanizadora.
3.3.- Comunidade Educativa
Todos os membros da comunidade educativa debemos contribuír, dentro do modelo educativo definido no
carácter propio, á mellor marcha da actividade educativa. Todos xuntos á procura do home completo
que queremos ser.
Desde esta liña e desde o espírito da reforma educativa, promovemos, concretamos e definimos
VALORES, ACTITUDES E CAPACIDADES
3.4.- Obxectivo Xeral para o curso 2009-2010
O obxectivo proposto para este curso 2009-2010 é “Xuntos damos cor ó mundo”.
Con él, pretendemos traballar, sobre todo o seguinte:
A importancia da unidade, de trallar XUNTOS cóvado con cóvado. Dá igual a condición, o traballo,os estudos…
Nesta tarefa estamos todos, e cada un podemos aportar o noso gran de areaA necesidade de DAR,
de darnos, naquelo que somos e naquelo que cremos, como medida precisa sen a cal non podemos
aportar nada ós outros.A grandeza da diversidade manifestada nas diferentes CORES.
A cor, en sí mesmo, é un fenómeno que chega a nós coma un regalo.
Se nos centraramos nunha soa cor todo sería moi monótono. A vivacidade e a pluralidade das cores unidas é o
que pode dar sentido ó noso traballo educativo-pastoral. Os demáis precisan da tua cor e tú precisas da dos outros.
O noso obxetivo concreto é o MUNDO, o noso pequeno e gran mundo.
Non podemos intervir ante realidades que nos quedan demasiado lonxe, pero sí podemos intervir nos
ontecementos que están máis preto… na familia, no colexio, no barrio , no grupo de amig@s………
4.-ORGANIGRAMA:
Representante da titularidade Luis Rguez. Alvarez
Consello Escolar---Anpa
C. de Pastoral Luis Rguez ----Director Luis García Glez.
Jefe de estudios M.José Graña C. ----- Secretaria Nuria Airas
Coordinador E.I. Cristina Rguez B.
Coordinador EP1ºC Julia Gómez Rial
Coordinador eo2ºC Milagros Medeiros
Coordinador EP3ºC M Jesus Sánchez
Coodinador de ENL Javier Fdez. Q

5.- NORMATIVA DE CENTRO
1. ORACIÓN: Comezamos as clases da mañá cunha oración preparada polo EQUIPO DE PASTORAL.
2. AUSENCIAS: Toda ausencia debe ser comunicada ó titor por medio dunha nota escrita dos pais ou titores
(Modelo de comunicación de ausencias) .
Hai que ser puntual ás clases, para non interromper o seu desenvolvemento. Os retrasos reiterados serán motivo
de sanción.
Dentro do horario escolar non podes ausentarte do colexio sen a “Autorización”
asinada polo titor ou Xefe de Estudos (Modelo de autorización).
3. INDUMENTARIA: Todos os alumnos de Infantil e Primaria asistirán ás clases debidamente aseados e
a vestimenta adecuada. O uso do chándal será obrigatorio para as clases de Educación Física e nas actividades
realizadas fóra do recinto escolar. Presta atención para non esquecer na casa o material escolar necesario.
Tanto o mandilón coma o Chándal deberán vir debidamente marcados para poder ser identificados en caso de extravío.
4. APROPIACIÓN INDEBIDA: Todas as cousas teñen o seu dono. Non te apropies do que non che pertence.
Se atopas algo no centro, entrégao o titor. O colexio non se responsabiliza do diñeiro ou obxectos de valor que poidan
extraviar os alumnos.
5. MATERIAL: Non está permitido o uso de material que non teña relación coas actividades escolares e
extraescolares (móbiles, aparellos electrónicos, etc.). Os obxectos recollidos non se devolverán ata final do curso.
6. DETERIOROS: Sé responsable das cousas que se che confían e das que poidas aproveitar, coma instalacións,
material escolar, deportivo. Os destrozos causados polos comportamentos inadecuados correrán a cargo dos alumnos.
7. VOCABULARIO: Que a túa linguaxe sexa propia dunha persoa educada: coida de non dicir palabras malsoantes,
insultos, etc.
8. RESPECTO: Nas entradas e saídas respecta os teus compañeiros: non corras, non berres nin empurres, sobre todo
nas escaleiras.
9. ORDE: Para lograr un ambiente máis agradable, mantemos limpa e ordenada a clase. Utilizaremos as papeleiras no
patio.
10. ENTRADA E SAÍDA: Os pais e titores dos alumnos de Infantil e Primaria non pasarán ás clases.
Deixarán e recollerán os nenos na entrada do patio ( Fóra do patio de columnas).
6.-DEREITOS E DEBERES DO ALUMNO
A actual Lei de Educación recoñécelles ós alumnos os seguintes DEREITOS:
a) Á formación no respecto ós dereitos e liberdades fundamentais e no exercicio da tolerancia e da liberdade
dentro dos principios democráticos de convivencia.
b) Á adquisición de hábitos intelectuais e técnicas de traballo, así como de coñecementos científicos, técnicos,
humanísticos, históricos e estéticos.
c) Á formación para a paz, a cooperación e a solidariedade entre os pobos.
d) Ó desenvolvemento harmónico da afectividade, da autonomía persoal e da capacidade de relación cos demais.
e) Á participación na mellora da calidade de ensinanza.
f) Ó fomento da súa capacidade e actitude crítica.
g) Ó respecto da súa dignidade e a non ser sometidos a tratos vexatorios e humillantes.
h) Á orientación escolar e profesional.
DEBERES: O ESTUDO é un DEBER BÁSICO de todo alumno para a súa FORMACIÓN e leva
consigo as seguintes OBRIGACIÓNS neste centro:
a) Aceptar o carácter propio do centro e respectar as accións concretas que o colexio determine neste sentido.
b) Asistir a clase con regularidade e puntualidade.
c) Participar nas actividades orientadas ó desenvolvemento dos plans de estudio.
d) Respectar os horarios aprobados para o desenvolvemento das actividades do centro.
e) Seguir as orientacións do profesorado respecto da súa aprendizaxe e amosarlle o debido respecto e consideración
f) Respectar o exercicio do dereito ó estudo dos seus compañeiros.
g) Respectar a liberdade de conciencia e as conviccións relixiosas e morais, así como a dignidade, integridade e
intimidade de tódolos membros da comunidade educativa.
h) Non discriminar a ninguén por razón de nacemento, raza, sexo ou por calquera outra circunstancia persoal ou social.
i) Respectar e utilizar correctamente os bens mobles e as instalacións do centro.
j) Participar na vida e no funcionamento do centro.
7.-FALTAS E SANCIONS:
Faltas:
As faltas poden ser leves, graves e moi graves.
a.-Son faltas leves:
- As faltas inxustificadas de puntualidade.
- As faltas inxustificadas de asistencia a clase.
- O deterioro non grave, causado intencionalmente, das dependencias do centro, do material deste ou
- dos obxectos e pertenzas doutros membros da comunidade educativa.
- Calquera acto inxustificado que perturbe levemente o normal desenvolvemento das actividades do centro.
- Calquera outra non recollida aquí que a xuízo do mestre sexa considerada como leve.
b.- Son faltas graves:
- Chegar tarde a clase reiteradamente.
- Non face- los deberes ou traballos que lle foran mandados.
- Non trae- los libros, cadernos e demais materiais á clase.
- Non vesti-la roupa de ximnasia nas horas correspondentes.
- Pelexarse dentro do recinto escolar.
- Dana- las paredes ou mobiliario do centro.
- Tirar pedras.
- Portar obxectos punzantes.
- Reincidir en falta leve.
- Calquera outra non recollida aquí e que a xuízo do profesor sexa considerada como grave.
c.- Son faltas moi graves:
- Faltar a clase sen xustificación.
- Falsificar firmas ou datos.
- Falta-lo respecto ó persoal do centro.
- Incumprir un castigo.
- Non respecta-lo edificio, as instalacións e o material do centro, danándoo ou destruíndoo premeditadamente.
- Proferir ameazas ou insultos contra o persoal do centro.
- Roubar premeditadamente.
- Desobedecer manifestamente ó persoal do centro.
- Calquera outra falta non recollida aquí e que a xuízo do profesor sexa considerada como moi grave.
SANCIONS:
a.- Cando se trata de faltas leves:
- Amoestación privada.
- Amoestación por escrito, da que conservará constancia o Xefe de Estudios e que será comunicada ós pais.
- Realización de tarefas, se procede, que cooperen na reparación, en horario non lectivo, dos deterioros non graves.
- Realización de tarefas que contribúan á mellora e desenvolvemento das actividades do centro.
b.- Cando se trata de faltas graves:
- Realización de tarefas que contribúan a reparación dos danos materiais causados, se procede,
- ou á mellora e desenvolvemento das actividades do centro. Estas tarefas deberán realizarse en
- horario non lectivo por un período que non poderá exceder do comprendido entre dúas avaliacións.
- Suspensión do dereito de asistencia ó centro ou a determinadas clases por un período máximo de
- sete días lectivos, sen que iso implique a perda dalgunha avaliación e sen prexuízo de que comporte a
- realización de determinados deberes ou traballos no domicilio do alumno.
c.- Cando se trata de faltas moi graves:
As sanción por faltas moi graves serán determinadas pola comisión de disciplina, previa aprobación do
Consello Escolar.

8.- CALENDARIO ESCOLAR DO CURSO 2009-2010
VACACIÓNS |
Setembro |
Día 10Xoves |
Comezo do curso |
Outubro |
Día 12 Luns |
Día da hispanidade |
Novembro |
Día 11 Mércores |
Día de San Martiño |
Decembro |
Día 7 Luns |
Día da constitución(Trasladado) |
Día 8 Martes |
Día da Inmaculada |
Día 22 Luns |
Comezo do Nadal ó rematar as clases |
Xaneiro |
Día 11 Luns |
Reanudación das clases |
Febreiro |
Días 15, 16 e 17 |
Festas do Entroido |
Marzo |
Día 19 Xoves |
Día de San Xosé |
Abril |
Día 26 Venres |
Comezo das vacacións de S. Sta ó rematar as clases |
Maio |
Día 6 Martes |
Reanudación das clases |
Día 17 Luns |
Día das Letras Galegas |
|
Día 18 Martes |
Día concedido por Educación |
Xuño |
Día 22Martes |
Comezo das vacacións de verán |
|
CONMEMORACIÓNS |
|
|
|
Decembro |
Do 1 ó 11 |
Constitución e Estatuto de Autonomía |
Día 10 |
Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos |
Xaneiro |
Día 30 |
Día da Paz |
Marzo |
Día 8 |
Día Internacional da Muller Traballadora |
Día 15 |
Día mundial dos Dereitos do Consumidor |
Do 8 ó 12 |
Semana da Prensa |
Abril |
Entre o 12 e o 30 |
Día do Libro |
Día 7 |
Día Mundial da Saúde |
Maio |
Día 9 |
Día de Europa |
Do 18 ó 21 |
Semana das Letras Galegas |
Xuño |
Día 5 |
Día mundial do Medio Ambiente |
|
OUTRAS DATAS |
Decembro |
Día 18Venres |
Entrega de notas 1ª Avaliación |
Marzo |
Día 18 Xoves |
Viaxe a Santiago de Compostela |
Día 26 Venres |
Entrega notas 2ª Avaliación |
Abril |
Día 16 Venres |
Día da familia |
Xuño |
Día 21 Luns |
Festa fin de Curso |
Día 22 Martes |
Entrega de notas os Pais |
|

9.-ACTIVIDADES
EXTRAESCOLARES:
Ver apartado referido á ANPA
CULTURAIS FORMATIVAS OU RECREATIVAS:
OUTUBRO: Campaña do Domund
NOVEMBRO: Celebración do magosto
DECEMBRO: Concurso de Postais
Festival de Nadal
Campaña de Nadal
XANEIRO: Celebración dun acto para conmemorar o día da paz
FEBREIRO: Celebración do Entroido
MARZO : Conmemoración do ano santo( Viaxe a Santiago)
ABRIL: Encuentro diocesano de nen@s en Santiago de Compostela
MAIO: Acto conmemorativo das letras galegas
XUÑO: Excursión fin de curso
Festival fin de Curso
Festa despedida alumnos de 6º
OUTRAS: Participarase nas actividades que se consideren de interés propostas polo concello ou calquera outra entidade.
Os alumnos do terceiro Ciclo participan nos programas de VOZ NATURA e de PRENSA NA ESCOLA

10.- ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS (ANPA).
Os pais dos alumnos deste colexio están asociados e a súa finalidade e funcións están contempladas nos seus propios estatutos.
- Presidenta: Dña Pilar Araujo Araujo
- Tesoreira: Dña Aurora Damil Domínguez
- Secretaria: Dña Yolanda Otilia Seara Sampedro
Vocais:
Dña Rocío Glez Mediavilla
Dña Sagrario Seara Sampedro
Dña Cristina Rdguez Alcolea
Dña Mercedes Vilanova Álvarez
Dña Cristalina López Rguez
Dña Mª Esther Armada Rguez
Dña Marly Rguez Rguez
Esta ANPA colabora na realización e coordinación das seguintes actividades :
- Apoio educativo
- Inglés play-land
- Whu shu
- Teatro para nenos / Teatro para adultos (Impartido por membro da compañía Marañao)
- Xedrez
- Caixón desastre
- Baile moderno /baile galego
- Manualidades con telas
- Obradoiros diversos gratuitos, para os nenos asociados
- Bailes latinos para pais
Os socios da ANPA teñen un desconto do 25% no Paco Paz, é en Trabazos un 10%
Os pais asociados disporán dun carnet co que obterán descontos en diferentes tendas do barrio..
Dende a ANPA informase os pais de diversas actividades, charlas sobre nutrición, escola pais, e
temas de actualidade e solicitanse subvencións para os nenos
Dispoñen de páxina web www.sanpiox.com nos enlaces Colegio ANPA.
Ten unha reunión anual en Novembro na que se informa ós pais da memoria, do programa escolar e da ANPA,
e na que se reparten os carnets.

11- HORARIOS : As entrevistas cos titores e especialistas serán con cita previa
TITORES:
HORA |
LUNS |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
15:30-17:30 |
Mª Jesús(6º)
Luis (5º) |
Mª Luz ( E.I.3 anos)
Fany (1º)
Julia (2º) |
Nuria( E.I. 4 anos)
Chus (4º) |
Cristina(E.I.5 anos)
Milagros (3º) |
ESPECIALISTAS:
- Inglés : Mª José (Horario de Xefatura de Estudos)
- Música - P.T. : Javier (Xoves de 3:30 - 5:30)
- A. L : Mar ( Venres 11:00-12:00)
SECRETARÍA
Luns : 12:15 – 13:10
Martes: 9:55 – 10:50
Venres: 9:55 -10:50
DIRECCIÓN
Luns : 12:00-13:00
Mércores: 11:00-12:00
Venres : 12:00 – 13:00
XEFATURA DE ESTUDOS
Luns : 13:10- 14:00
Mércores: 9:55 - 10:50
Xoves : 13:10 - 14:00
12.- SERVICIOS
Comedor:
O servizo de comedor está xestionado por "Aixiña", entidade de axuda e
integración dos minusválidos, e coordinado polo Colexio S. Pío X.
(*)Para calquera información ou para poder facer uso deste servizo poden dirixirse á Dirección do Centro.
|
PREZOS |
Mensual |
Todos os días |
100 euros |
Diario |
(*) |
7 euros |
|
Gardería:
Este servizo está xestionado e coordinado polo colexio S. Pío X , ten un custo de 10 euros mensuais.
PREZO: 10 EUROS MENSUAIS HORARIO: 8:00- 8:55
MODELO DE COMUNICACIÓN DE FALTAS DE ASISTENCIA
NOME DO PAI/NAI/ TITOR:………………………………………………………….
NOME DO ALUMNO………………………………………………………………….
MOTIVO DA NON ASISTENCIA:…………………………………………………....
………………………………………………………………………………………….
………………………………………………………………………………………….
………………………………………………………………………………………….
………………………………………………………………………………………….
………………………………………………………………………………………….
Firma:
………………………………………………………………………………...
MODELO DE SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN DE AUSENCIAS:
……………………………………………………………………….pai / nai / titor do
alumn@..........................................................................................................................
Solicito autorice a ausentarse dende…………. Ata ……………. . Debido a…………
………………………………………………………………………………………….
………………………………………………………………………………………….
………………………………………………………………………………………….
………………………………………………………………………………………….
Firma:
|