A MIÑA EXCURSIÓN A CANTABRIA
Os días 23,24,25 de Maio fun de excursión cos meus compañeiros de clase a Cantabria. O primeiro día saímos moi cedo de Ourense e paramos a comer en Cangas de Onís (Asturias). Pola tarde fomos ó teleférico, era impresionante pasar polos Picos de Europa e estar a centos de metros do chan; logo fixemos unha pequena parada en Potes, unha aldea de orixe medieval, que me gustou moito; sobre todo as súas rúas empedradas.Pola noite hospedémonos no hotel “ Corza Blanca” e alí estabamos rodeados de montañas, unha paisaxe que me encantou.
Ó día seguinte, o sábado, pasamos todo o día no parque natural de Cabárceno, construído xunto a unhas minas de carbón, e onde hai diversas especies de animais,dende reptis ata leóns ou tigres, Ëstes últimos forn os que máis me gustaron; o final do día voltamos para o hotel
O Domingo foi o último día da excursión e visitamos o Castelo de Argüeso, logo as ruinas da antita Julióbriga e por último fomos a Fontibre luar onde nace o Ebro, despois de comer iniciamo-la viaxe de volta para Ourense.
Esta viaxe foi unha experiencia que nunca olvidarei, paseino moi ben cos meus compañeiros de clase e volvería repetila.
Carmen Rodríguez Losada.